A Kanteira en Concertos nos Bares ¿onde se non?

Carteleira, entrevistas, estreas discográficas e altofalante do rebumbio de cousas musicais que se manifestan na Fosa Atlántica,Galicia. Nesta volta Camera, Toundra, You Dog!!, Junior Mackenzie, Zakembi, Cubo Metálico, Tu Otra Bonita, Thee Blind Crows, Hipbone Slim & The Knee Tremblers, La Perra Blanco Trio, Tail Dragger e Rebeliom do Inframundo. Bikiños nas Nalghas!!

 

CAMERA (BERLIN) RADAR ESTUDIOS VIGO 14 MARZO 2019

Dende as ruas de Berlin, Camera en formato trio ( Michael DRUMMER (batería), Franz BARGMANN (guitarra) y Timm BROCKMANN (teclados), reclamaban ser herdeiros do Krautrock (Faust, NEU!,Tangerin Dream), facendo espectáculos guerrilleiros que denominaban ”Krautrock Guerrilla”. Plasmaron todo a través dos seus discos  Radiate!’ (2012), ‘Remember I Was Carbon Dioxide’ (2014),‘Phantom of Liberty’ (2016) onde evolucionaron cara un pop de espíritu experimental.

Toundra na Iguana Club, Vigo, Galicia. 15 Marzo 2019. Presentan ”VORTEX”

Os madrileños reis dos riffs pesados e dos pasaxes electricos por atmosferas tanto melancólicas coma fermosas teñen novo traballo. Despois de pisar mais de douscentos escenarios por todo o mundo e deixar a sua calidade de rock’n’roll instrumental nos miolos de milleiros de persoas, os gañadores do mellor album do 2015 ‘IV’ para MondoSonoro, están en Galicia.

You dog!! + Kaleikia SALASON CANGAS.GALICIA. 26 MARZO 2019

YOU DOG!!  é unha banda de son poderoso e riffs intensos  que revolve o rock dos noventa polo face máis alternativa. Escoitando os seus dous discos recoñeces sinais de Metal, Grunge e Stoner (Led Zepellin, BlackSabbath, Monster Magnet..) convivindo xuntos en armonía.Describen as debilidades humans con certo pesimismo nos textos. Comparten cartel co cuarteto do Salnés ‘KALEIKIA’ creadores de ambientes sonoros que evocan a beleza das paisaxes de Galicia.

JUNIOR MACKENZIE. LA CASA DE ARRIBA.VIGO.GALICIA.16 MARZO 2019

O mundo sonoro de Junior Mackenzie constituese de material noble da música americana: Folk, rock, blues e jazz. O obxetivo é facer grandes cancions aí é onde se atopa a gusto, elaborando con ises ingredintes grandes momentos musicais. Jeff Buckley, Bob Dylan, Tom Petty…Estará por terras Galegas en formato acústico mostrando o seu último traballo ‘Files of Life’

ZAKEMBI + CUBO METÁLICO. EL GATO DE SCHRÖDINGER. VIGO.GALICIA. 16 MARZO 2019

ZAKEMBI é un cuarteto que crean musica con senso Avant-Garde, Krautrock, Jazz, Electrónica…Teñen grabacions feitas nos Lithium Records, Pontevedra.

CUBO METÁLICO amasan funky con Hip-Hop, Metal, Rock e outras sustancias sonoras para rematar un producto contundente de gran pegada. Están presentando ‘Cubo Metálico’ EP. grabado nos Estudios Mafia do Carballiño con Oscar Fernández.

REBELIOM DO INFRAMUNDO. MASTERCLUB.VIGO.GALIZA.16 MARZO 2019

A banda de rap galega, Rebeliom do Inframundo, presenta o seu novo disco “ILEGAL” um trabalho totalmente novo, 3 anos despois do seu éxito, “Lume e Rebeliom”. Artistas convidados: Malas Pulgas Rap + Frank Huxley & 2PASØS Anticipada: 8€ / Bilheteira: 12€ / Anticipada + CD “ILEGAL”: 16€ Apertura de portas: 21:30h Entradas anticipadas físicas: Discos Elepe + BAR PRINCESA Online: https://entradium.com/events/rebeliom-do-inframundo-vigo – Contratación: Galunk Producions info@galunk.com.

O rebumbio non para eiqui, ai maís barullo ainda: Tu Otra Bonita (Fábrica de Chocolate sab.15 Marzo); La Perra Blanco Trio (venres 15 La Pecera); Sir Bald & His Hairy Friends(Hipbone Slim xunto cos irmans Lorre) na Fonte do Galo Rock’n’Roll Bar, Cangas, Galicia; Thee Blind Crows (5º Aniversario Kannion Surf Bar); Tail Dragger un mestre do Blues apadriñado por Howlin’ Wolf, na sá Rouge dentro de festival ‘Maís Que Blues’ organizado por River Bucks Asociación.

DALLE O PLAY E VIBRA CO QUE SE GUISA POR AQUÍ.

BIKIÑOS NAS NALGHAS!! SUSANA ESTRAGHA